Área privada

Fagamos da Risga un verdadeiro dereito

Martes, 18 Decembro de 2018 | Tags: inclusión , Comunicación , campaña , risga

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos e ante a próxima aprobación definitiva pola Xunta de Galicia do Decreto da Risga, varias  organizacións sociais e políticas desenvolvemos roldas de prensa informativas simultánes para presentar a campaña cidadá "Fagamos da Risga un verdadeiro dereito"

A previsión da aprobación definitiva do Decreto da RISGA por parte da Xunta da Galicia entre finais do presente ano 2018 e comezos do 2019, determinará as vindeiras actividades da campaña, que continuará ante a clara insuficiencia da última proposta presentada pola administración autonómica, que entendemos será a definitiva, tendo en conta ademais que a Xunta negouse a debater a mesma con este amplo grupo de organizacións sociais e políticas.

A Campaña pretende presentar ao conxunto da sociedade a necesidade de converter a RISGA, nun contexto de sociedade empobrecida, nun verdareiro dereito para o  conxunto da cidadanía, incidindo na defensa dun modelo de Risga como:

  • Dereito cidadá e non subsidio condicionado. Fronte ás políticas de recortes e privatización dos servizos públicos básicos (educación, sanidade, vivenda, pensións…) reclamamos a protección dos servizos sociais como garantes da igualdade social nunha sociedade que segue a xerar desigualdades e sistemas de emprobrecemento xeneralizados. Reclamamos o noso dereito como cidadanía a un sistema de protección social galego inclusivo, garantista e que serva para xerar as estruturas básicas da igualdade social.
  • Recurso fronte a situación de empobrecemento. A falta de recursos económicos derivada do desigual acceso á riqueza está a converternos nunha sociedade estruturalmente empobrecida onde a pobreza é condición na vida da meirande parte da poboación que nos encontramos sumidas en situacións de empobrecemento enerxético, laboral, de acceso á vivenda… etc. Defendemos un sistema de protección social que atenda ás circunstancias de necesidade económica e empobrecemento da poboación de forma garantista e sen condicións subxectivas.
  • Prestación suficiente e digna. Propoñemos a consideración de empobrecemento segundo a referencia do salario mínimo interprofesional fronte a valoración actual do IPREM de cuantía moi insuficiente para a satisfacción das necesidades básicas. Entendemos que non é posible satisfacer as necesidades básicas (alimentación, vivenda e gastos derivados da vida cotidiana) de forma suficiente e digna cunha prestación actual de RISGA que non supón máis que o 75% do IPREM (403,38 euros/mensuais)
  • Modelo de tramitación accesible e eficaz. Defendemos un modelo de RISGA eficiente e áxil, sen burocratizacións innecesarias, co obxecto de que cumpra o seu cometido na maior brevidade posible As necesidades económicas de emerxencia non se poden paliar con tempos de tramitación que exceden os catro e seis meses

As organizacións sociais e políticas que impulsan a iniciativa son as asinantes do Acordo colectivo de esixencia de garantías básicas no relativo ao proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da Renda de Inclusión Social de Galicia e das axudas de inclusión:

Foro Galego de Inmigración

Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg)

Asociación ONG Viraventos

Proserso

SOS Racismo

Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo)

Asociación Boa Vida

Asociación Plataforma Polo Emprego

Baladre (Coordinación contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión)

Colectivo de Renda Básica Universal de Compostela

Coordenadora de Crentes Galegos

Esquerda Unida

BNG

Compostela Aberta

En Marea

PsdG-PSOE

CUT

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade