Área privada

Próximo cobro da cota colexial. Solicitude de cotas reducidas

Xoves, 03 Xaneiro de 2019 | Tags: Ceesg , cotas

Ante o próximo cobro de cotas colexiais (correspondente ao primeiro semestre 2019), recordamos que existe a posibilidade de beneficiarse de cotas reducidas (por desemprego, residencia no estranxeiro, salario inferior ao SMI ou situacións análogas)

Quen queira acollerse a este tipo de cotas, debe presentar a documentación pertinente ata o día 31 de decembro (incluído):

  • No caso de desemprego, tarxeta de demandante de emprego actualizada.
  • No caso de salario inferior ao mínimo, certificado de bases de cotización.
  • Para outras posibles situacións, consultar co Ceesg.

Se no cobro anterior non te beneficiaches de desconto, recorda enviar xunto coa documentación xustificativa a solicitude de cota semestral bonificada

A documentación pode achegarse por correo-e a ceesg@ceesg.org.

ESTE É UN AVISO XERAL. SE XA ENVIACHES, NON É NECESARIO QUE VOLVAS ENVIALA

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade