Área privada

Borrador da oferta de emprego público 2018 da Xunta de Galicia

Mércores, 02 Xaneiro de 2019 | Tags: Emprego

A Xunta de Galicia vén de anunciar hai uns días a oferta de emprego público 2018.

Pendente da negociación cos sindicatos, o primeiro borrador inclúe 27 postos de "Educador/a" de acceso libre. Estas prazas súmanse ás 35 ofertadas no ano 2017, que poderán convocarse conxuntamente nun único proceso selectivo. Na oferta 2018 tamén se inclúen 24 polo proceso de estabilización do emprego.

Ver borrador da OPE 2018

Recordamos a información coas dúbidas máis frecuentes sobre estes procesos selectivos, que publicamos cando se publicou a oferta 2017 (pendente de actualización) -> (enlace)

Comentarios (2)

1 | Alba - Xoves, 10 Xaneiro de 2019 ás 10:50

Espero que sexa un erro que digades que é un borrador, por que está publicado dende Decembro a OPE quero supoñer que son eu que non encontrei a noticia actualizada e que o COLEXIO DE EDUCADORES SABE que a xunta publicou a OPE2018 coas prazas de EDUCADOR@S o 17 de decembro... https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181217/AnuncioCA01-131218-0004_gl.html

2 | Ceesg - Xoves, 10 Xaneiro de 2019 ás 12:11

Ola, Alba, Si, o erro está na data da publicación, que en realidade foi o 28 de novembro de 2018. A nosa web ás veces fai estas cousas extrañas... Lamentamos a confusión. A información sobre a oferta de emprego público 2018 da Xunta actualizámola no taboleiro de emprego da web o día que se publicou no DOG. Grazas, e desculpa as molestias. Un saúdo

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade