Área privada

Café polos dereitos das nenas e os nenos

Mércores, 28 Novembro de 2018 | Tags: infancia , grupo de traballo , dereitos , escaravellando , Ourense , Conmemoración , día internacional

O día 20 de novembro conmemórase o Día Universal do Neno. Dende o Ceesg e desde Escaravellando, parécenos parécenos máis xusto dicir que conmemoramos o Día Universal das Nenas e dos Nenos, xa que dende 1959, data da aprobación pola ONU da Declaración, temos que ir mudando e nós queremos comezar pola non discriminación por razón de xénero. 

Tiveron que pasar 30 anos para que en 1989, na mesma data, se acordase o texto final da Convención, tratado internacional que ten carácter vinculante para aqueles países que o asinaron, sendo o tratado máis ratificado da historia nese momento. Hoxe en día, excepto Estados Unidos, todos os países do mundo aceptan este tratado coma a primeira “lei internacional sobre os dereitos da infancia”, e aínda que quedan moito por facer para mellorar e salvagardar o benestar infantil, a Declaración e a Convención foron fitos esenciais para a protección da Infancia.

Para conmemorar este día, o grupo Escaravellando convida a quen queira a participar nun faladoiro no que compartir inquedanzas e reflexionar sobre a nosa forma de actuar coa Infancia e a Mocidade. Será un ambiente distendido e informal, no que te convidaremos a café, infusión ou zume e pastas, todos productos de comercio xusto e de proximidade. 

Participación gratuíta.

Esperámoste o sábado 24 de novembro de 11 a 13 h. no Espacio Socioeductivo TactoConTacto (Ourense) Rúa Zurbarán, 31.

Para a conmemoración deste día, O Ceesg tamén se sumará, o día 20 de novembro, á iniciativa de visibilización e ao comunicado do CGCEES. Máis información

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade