Área privada

Chamamento para grupo de traballo: diversidade funcional

Mércores, 04 Xaneiro de 2017 | Tags: Grupos de Traballo , diversidade funcional

Unha colexiada que traballa no ámbito da diversidade funcional, á vista de aínda non existe un grupo de traballo no Ceesg sobre esta temática, propón a creación dun, no que xunto a outras compañeiras e compañeiros poidan traballar sobre a temática co respaldo do colexio, nunha actividade que entende que pode ser moi positiva e enriquecedora.

A finalidade do grupo podería ser crear un espazo no que compartir inquedanzas, experiencias, debates e reflexións serias; e propón un bosquexo do que poderían ser os seus obxectivos:

  • Debater e analizar as nosas funcións neste ámbito, e porque non de paso, fortalecer a nosa figura profesional para loitar polo recoñecemento do noso labor e mellorar así a nosa situación sociolaboral.
  • Dar a coñecer prácticas profesionais e experiencias levadas a cabo.
  • Dar visibilidade ás demandas e dereitos do colectivo de persoas con diversidade funcional.
  • Sensibilizar á sociedade e profesionais co fin de romper co modelo médico-asistencial predominante.
  • Completar con cursos/seminarios/faladoiros os baleiros formativos en determinadas áreas.
  • Fomentar modelos de intervención profesionais con base no Movemento de Vida Independente e a planificación centrada na persoa (gran loita do colectivo dende hai anos).
  • En relación ó obxectivo anterior, sería interesante aclarar conceptos sobre a temática da diversidade funcional e o seu tratamento por parte da administración, medios de comunicación, propias/os profesionais...

Para crear un grupo de traballo é necesario contar cun mínimo de persoas, polo que esta colexiada, ao non coñecer outras persoas que poidan ter este interese común, fai un chamamento a todas as colexiadas e colexiados que teñan interese en formar parte deste proxecto. Dende o Ceesg apoiamos a súa iniciativa e compartimos ese chamamento, polo que se estás interesada/o en participar, contacta co colexio. Grazas

Comentarios (3)

1 | Susana Lebón Rivas - Venres, 06 Xaneiro de 2017 ás 12:56

Ola, son Susana Lebón e traballo no CAPD A Coruña. Obviamente estou interesada neste grupo de traballo. Gustaríame poder participar e aporta-la miña experiencia como Educadora e como Coidadora. Grazas

2 | Noelia Parente Vieites - Mércores, 11 Xaneiro de 2017 ás 14:24

Hola eu son Noelia Parente e traballo na Asocaicón de Dano Cerebral de Compostela Sarela. Paréceme moi interesante este grupo de traballo e se podo gustaríame colaborar

3 | Ceesg - Mércores, 11 Xaneiro de 2017 ás 14:27

Grazas! Esperaremos uns días máis, e despois convocaremos un encontro onde poñernos en marcha.

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade