Área privada

Bolsas para cursar o título de Experto en Intervención Familiar (UdC), para colexiadas/os do Ceesg

Luns, 03 Outubro de 2016 | Tags: familias , convenio , formación , universidade , desconto

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Universidade da Coruña imos asinar un convenio de colaboración a través do cal facilitar a inscrición nos títulos de Experto en Intervención Familiar ou Máster de Intervención e Coidado Familiar que ofrece a Universidade da Coruña a través da súa Fundación.

En virtude deste convenio, o Ceesg obterá unha beca completa por cada 6 persoas colexiadas no Ceesg que se matriculen nestes títulos. Así, no título de Experto en Intervención Familiar que se impartirá neste curso académico, as educadoras sociais colexiadas beneficiaranse dunha redución na súa cota de inscrición que pode ir dende os 190€ ata os 350€. A contía desta reducción será igual para todas as beneficiarias, e o importe definitivo depende do número de colexiadas/os que se matriculen.

No curso 2016/2017 impartirase o Experto en Intervención Familiar, cunha duración de 625 horas (270 presenciais –das cales 100 son de prácticum- e 355 non presenciais) Está certificado como Formación Básica para a acreditación FEATF de Terapeuta Familiar. A metodoloxía baséase en seminarios teóricos (dous sábados ao mes en horario de mañá e tarde); traballo práctico supervisado con familias durante o prácticum; adestramento en técnicas e habilidades de intervención mediante exercicios de simulación en grupos pequenos; e traballo de análise de video gravacións de entrevistas clínicas dirixidas por profesorado.

Os contidos do curso poden consultarse na web da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da Universidade da Coruña (enlace). É interesante o convenio de intercambio entre a Universidade e a State University of New York at Albany.

Descargar folleto do Experto e Master.

Se che interesa a formación, e desexas solicitar beneficiarte dunha destas bolsas como colexiada/o, no momento da matriculación debes aportar, ademais da documentación requirida, unha folla de solicitude específica (descargar)

Comentarios (2)

1 | Noelia - Venres, 07 Outubro de 2016 ás 11:44

Hola aún estoy a tiempo de apuntarme al master de experto de intervrnción familiar

2 | Ceesg - Venres, 07 Outubro de 2016 ás 11:53

Ola Noelia, Contacta directamente coa organización: tlf. 646102004

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade