Área privada

Proxecto de lei de apoio á familia e convivencia de Galicia

Sábado, 26 Marzo de 2011 | Tags: familias , lei , infancias

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia foi convocado pola Secretaría Xeral de Familia e Benestar a unha xuntanza de traballo co equipo da Subdirección Xeral de Familia e Menores e coas entidades que presentaron alegacións ó Anteproxecto de Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

A xuntanza tivo lugar o mércores 23 de marzo e asistimos representantes do Foro da Familia, de escolas de educación infantil, de entidades de acollemento familiar, da Federación de Asociacións de Xordos de Galicia, da Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual, do Colexio de Traballo Social de Galicia e doutras entidades que non se presentaron.

Por parte da Xunta de Galicia, estaban presentes a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, A Subdirectora Xeral de Familia e Menores, a Xefa de Servizo de Familia e Programas Especiais, e a Xefa de Servizo de Defensa do Menor.

Agradeceron todas as achegas e alegacións e desculpáronse por non ter enviado o documento do proxecto de lei aprobado o xoves 17 de marzo no Consello da Xunta, na convocatoria da xuntanza.

O Ceesg ante o descoñecemento da redacción do novo proxecto, e das alegacións contempladas no mesmo, tan só trasladamos dúas preocupacións:

  • Por un lado, a propia denominación da lei, na que se exclúen ás infancias e adolescencias e polo tanto se invisibilizan (xa que o que non se nomea non existe), contemplándoas únicamente como ámbito da vida pridada da familia, desconsiderando as necesidades e dificultades que teñen independentemente do contexto familiar, como persoas que son, suxeitos de dereitos, e cidadáns. Ademais vai en liña oposta ao que está a suceder noutras Comunidades Autónomas, nas que se están aprobando leis específicas de infancia e adolescencia.
  • Por outro, a necesidade de contemplar medidas e actuacións preventivas e de mellora dos contextos sociais, educativos, culturais... nos que se moven os nenos, as nenas e as familias, xa que todas as medidas descritas no anteproxecto estaban enfocadas ao ámbito familiar, descontextualizando as situacións de risco e vulnerabilidade.

Dende a Xunta de Galicia manifestaron o interese por instaurar reunións de carácter estable coas diferentes entidades para facer achegas ao desenvolvemento reglamentario posterior á aprobación da lei, e aos plans integrais de fomento da natalidade e de apoio ás familias.

E agora que?

O proxecto de lei entra en trámite parlamentario, sendo unha nova oportunidade para presentar enmendas aos tres grupos parlamentarios.

Polo tanto, despois de contrastar as alegacións do Ceesg recollidas no articulado do proxecto de lei, e de revisar o novo texto, elaboraremos un novo documento con enmendas para presentar aos tres grupos parlamentarios.

Animámosvos a facer achegas.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade