Área privada

Charlas sobre o Alzhéimer en Vigo

Mércores, 24 Febreiro de 2016 | Tags: diversidade funcional , formación , persoas maiores

Nos meses de Marzo e Abril AFACO desenvolverá unha serie de charlas divulgativas sobre a enfermidade de Alzheimer e toda a problemática que rodea á enfermidade.

Desenvolveranse en seis centros cívicos da cidade, coas seguintes datas e horarios:

  • Centro Cívico CIDADE VELLA  o 3 de  Marzo de 17:30 a 19:30 horas.
  • Centro Cívico SAN DIEGO o 9 de Marzo de 17:00 a 19:00 horas.
  • Centro Cívico CASTRILLÓN o 10 de Marzo de 17:30 a 19:30 horas.
  • Centro Cívico MONELOS o 31 de Marzo de 18:00 a 20:00 horas.
  • Centro Cívico OS MALLOS o 7 de Abril de 18:00 a 20:00 horas.
  • Centro Cívico EIRIS o 21 de Abril de 17:30 a 19:30 horas.

Nestas charlas expoñeranse aspectos relevantes desta enfermidade. Realizarase unha breve historia sobre esta doenza, sintomatoloxía máis frecuente, tratamentos actuais, etc.

Un dos obxectivos da charla consiste en sensibilizar aos oíntes ante a aparición de posibles  síntomas iniciais, os beneficios de manter unha actividade mental e física saudable, mediante a realización de sinxelos exercicios cotiáns.

Outra das temáticas da explicación consistirá na difusión das diferentes terapias e servizos que desde a Asociación levan a cabo para atender aos enfermos e enfermas e as súas/seus coidadoras/es.

Durante a mesma buscarase a participación dos asistentes coa intención de que resolvan calquera dúbida que esta doenza xera neles, por exemplo aprender a diferenciar entre características do envellecemento e síntomas da enfermidade de Alzheimer.

A asistencia será libre e gratuíta, ata completar aforo.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade