Área privada

Formación con desconto: Familia e dano cerebral

Venres, 19 Febreiro de 2016 | Tags: familias , diversidade funcional , formación , descontos , dano cerebral

Marcos Ríos Lago centra a súa actividade investigadora na área da Atención, as Funcións Executivas e a Velocidade de procesamento, tanto en individuos sans como en pacientes con alteracións no SNC. Igualmente participa en proxectos de investigación relacionados coa Resonancia Magnética (estrutural e funcional) no Hospital Ruber Internacional de Madrid. Autor de diferentes artigos e libros nacionais e internacionais no eido da neuropsicoloxía, neuroimaxe, as lesións cerebrais e os procesos cognitivos.

Loft psicólogos organiza esta sesión aplicando un desconto a persoas colexiadas no Ceesg, quedando a taxa de inscrición para o noso colectivo en 30€. Para aproveitar este desconto, debes acreditar a túa colexiación no momento de realizar a inscrición.

Data: 12 de marzo de 9:15 a 14:30 h.

Lugar: Milladoiro-Ames

Descargar folleto

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade