Área privada

H@ppy Day, Encontro de Empresas a favor da inserción laboral de Persoas con Discapacidade

Venres, 19 Febreiro de 2016 | Tags: diversidade funcional , formación , Discapacidade , xornada

Down Pontevedra “Xuntos” e Fundación Vodafone España presentan “H@ppy Day”, unha iniciativa que ten por obxecto concienciar ao empresariado e a sociedade sobre os beneficios da inserción laboral das persoas con síndrome de Down e/ou Discapacidade Intelectual.

“H@ppy Day” enmárcase no proxecto “Yo me prep@ro”, dirixido a formación en TIC para mozos/as con síndrome de Down e Discapacidade Intelectual de cara a favorecer a inserción laboral en empresas ordinarias.

Como empresa que forma parte do tecido laboral da zona de Pontevedra gustaríanos invitalo/a ao Encontro no que empresas e persoas empregadas con discapacidade exporán as súas experiencias laborais, asemade, contaremos coa presenza de representantes de Fundación Vodafone e diversas personalidades políticas.

Para finalizar o Acto, servirase un cóctel no que asistentes e relatores/as poderán conversar e intercambiar experiencias de xeito distendido.

Lugar: Pazo Mugartegui (Praza da Pedreira, nº 10)
Día e hora: Xoves, 25 de febreiro de 2016 ás 12:30h
Contacto: DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS”
Tfno: 986865538 / E-mail: xuntos@downgalicia.org


Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade