Área privada

Xornadas de formación sobre consumo responsable na intervención socioeducativa

Venres, 08 Abril de 2016 | Tags: familias , formación , consumo

AVISO IMPORTANTE: Tendo en conta o número de solicitudes presentadas para participar nas Xornadas, sobre consumo responsable, decídese ABRIR A POSIBILIDADE DE PARTICIPACIÓN A PROFESIONAIS DAS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL, e concentrar as xornadas en 2 edicións (7 e 14 de abril).

De acordo coas directrices previstas na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, a Dirección Xeral de Inclusión Social, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, no vindeiro mes de abril vai realizar as ditas xornadas, cos seguintes obxectivos e características:  

Obxectivos

Formar aos/ás profesionais de servizos sociais que traballan coas familias, en cuestións relativas coa organización da economía doméstica para que dean información, formación e asesoramento ás familias en situación de vulnerabilidade coas que traballan.

A metodoloxía combinará a charla formativa-participativa coa realización de actividades e prácticas.

Contidos

  • A influencia da publicidade na compra: as marcas
  • Consumo responsable no supermercado 
  • Consumo na rede 
  • Créditos rápidos e elaboración dun orzamento doméstico
  • Resolución de conflitos de consumo
  • Telefonía móbil
  • Factura eléctrica

Persoas destinatarias

  • Profesionais dos servizos sociais comunitarios municipais de intervención direta, preferentemente aqueles que realicen acompañamento ás persoas en procesos de inclusión sociolaboral.
  • Profesionais das entidades de iniciativa social que trablen no ámbito da inclusión social, preferentemente aqueles que realicen acompañamento ás persoas en procesos de inclusión sociolaboral.

Cidade de realización

Santiago de Compostela 

Datas, lugar e horario 

Datas: 

- 7 de abril (1ª edición)

- 14 de abril (2ª edición)

Lugar: 

- Instituto Galego de Consumo-Escola Galega de Consumo. Avda. Torrente Ballester 1-5. Santiago de Compostela

Horario: 

- de 9 a 14 horas e de 15 a 18 horas (total: 8 horas). Solicítase máxima puntualidade ás persoas participantes.

 

Curso impartido en colaboración coa Escola Galega de Consumo (IGC), que facilitará os materiais formativos que sexan precisos para o desenvolvemento da acción formativa . 

Inscrición

Baixar a solicitude de matrícula  e, unha vez cuberta, asinada e escaneada, enviala ao enderezo: inclusion.social.ctb@xunta.es

Data límite para solicitar a xornada: 30 de marzo de 2016

DESCARGAR PROGRAMA

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade