Área privada

Boas prácticas

Lingua Galega e Educación Social (2008)

O Colexio de Educación Social asume como un dos seus piares fundamentais, a promoción e uso social do galego no exercicio da súa actividade e competencia para representar os intereses xerais da profesión e velar para que o seu desempeño se adecúe aos intereses da cidadanía.

Neste contexto, a primeira compilación de experiencias de boas prácticas adoptou como temática a normalización lingüística nas accións socioeducativas, que denominamos "En Galicia, En Galego", e que foi merecedora dunha subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia.

A continuación recóllense as experiencias que integran este CD de Boas Prácticas.