Área privada

Formación Ceesg

Plan de formación anual

Un dos obxectivos do Ceesg é ofrecer actividades formativas que sirvan para a mellora da práctica profesional e garantan unha preparación de calidade para as/os profesionais, así como outras accións de divulgación que favorezan o desenvolvemento profesional e o recoñecemento da Educación Social en distintos eidos.

No ano 2020, as actividades que se contemplan son as seguintes:

  • Curso: Proposta práctica de Educación Familiar: o educador e a educadora social como terapeuta centrado en solucións.
  • Curso: A educación social nos centros de internamento no eido da xustiza xuvenil.
  • Curso: E se traballamos en equipo?
  • Obradoiro: Axudando ás familias a medrar ben. Mediación en familias con fillas/os adolescentes.
  • Obradoiro: Familias reconstituídas: un novo mapa de funcionamento.
  • Formación sobre deontoloxía profesional.
  • Formación sobre protección de datos persoais no exercicio da Educación social.
  • Curso: Informes socioeducativos no ámbito da intervención social (Grupo aBeira)
  • Faladoiro: Coñecendo as túas condicións laborais nunha administración local (Grupo Animación Sociocultural e Xestión Cultural)
  • Xornada: Educación Social e Adiccións (Grupo Miolo)
  • Curso básico de intervención socioeducativa feminista: Penso, logo actúo (Grupo Fiadeiras)
  • Xornadas sobre Xerontoloxía (Grupo Geix)
  • II Encontro/café ‘Educación social e saúde’ (Grupo Miolo)