Área privada

Calendario do Ceesg

» Volver ó calendario
20 maio 2012, 12.30h - 20 maio 2012, 15.30h | Eventos

Acto de entrega do Pedrón de Ouro a NEG

  • Comeza: 20 maio 2012, 12.30h
  • Remata: 20 maio 2012, 15.30h
  • Localidade: Padrón
  • Lugar: Casa Museo de Rosalía de Casto
O Padroado da Fundación Pedrón de Ouro acordou outorgarlle a Nova Escola Galega o “Pedrón de Ouro 2012”, como recoñecemento á súa traxectoria na defensa dun modelo de escola pública democrático, galeguizador, laico e renovador.
O Pedrón foi recollido pola presidenta de NEG, Mª Dolores Candedo, unha das nosas colexiadas de honra. Que casualidade que o outro noso colexiado de honra, Xosé Manuel Cid sexa tamén membro de NEG. O acto tivo lugar na Casa de Rosalía en Padrón e contou coa presencia da cantautora Xiana Lastra, da escritora Fina Casalderrei, mantedora do acto e tamén tivemos a oportunidade de conversar con moitos dos que entenden que a educación social e a escola camiñan xuntas fotalecéndose mutuamente. Alí estaban a decana da Facultade da UDC da Coruña, Ana Iglesias, o presidente da Revista Galega de Educación, Suso Rodríguez e moitos máis. Noraboa a Nova Escola Galega.