Área privada

Seguro de Responsabilidade Civil Profesional

A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 189 do 28 de setembro de 2001) no seu artigo 9. l) establece como unha das funcións da nosa entidade:

“Organizar actividades e servizos comúns de carácter profesional, cultural, asistencial, de previsión e análogos que sexan de interese para as/os colexiadas/os, así como de cobertura de posibles responsabilidades civís contraídas por eles no exercicio da súa profesión”.

Durante o desempeño das nosas actividades como profesionais da Educación Social estamos expostos a causar algún tipo de dano, xa sexa nas persoas coas que traballamos ou nos seus bens, o que constitúe unha ameaza para o noso patrimonio e ingreso. Para estas situacións debemos contar cun seguro de responsabilidade civil. Así, o obxecto do seguro é trasladar á compañía aseguradora o custo de defensa e no seu caso, da cantidade á que se nos condene por calquera demanda da que sexamos obxecto, relacionada cun dano real ou presunto sufrido por un terceiro.

O Colexio ofrece un Seguro de Responsabilidade Civil Profesional, cuberto pola compañía Zurich.

Ante unha reducida demanda colexial deste servizo detectada polo Ceesg, a subscrición do seguro non ten carácter obrigatorio para todas/os as/os colexiadas/os, senón que será de subscrición voluntaria para as persoas que o soliciten por escrito.

O custo de subscrición do seguro no 2016 é de 4,50 € anuais.

Cláusulas xerais e particulares

Descargar ficha de solicitude (descargar documento)