Área privada

Promocións

Personas WIP

 

Personas Wip é unha empresa especializada na distribución de produtos adaptados, terapéuticos e educativos encamiñada a favorecer a dignidade das persoas, promover a autonomía e o desenvolvemento persoal, e facilitar as tarefas diarias a familiares, profesionais e coidadoras/es, mellorando así a vida das persoas con circunstancias especiais. Para isto ofrece diversas liñas de produtos pensadas para todas as idades e necesidades: roupa adaptada, produtos de apoio para comer, beber, vestirse, ir ó baño, escribir, cociñar, ou pasalo ben! Os seus valores  son a empatía, a integración, a adaptabilidade, a accesibilidade, a autonomía persoal, a dignidade da persoa, e sobre todo, a integración.

Ofrece ás persoas colexiadas no Ceesg un desconto do 20% sobre o  prezo de venda dos seus produtos ás persoas colexiadas, tanto na súa tenda online como na tenda física que teñen en Lugo. A oferta non é acumulable a outras e a compra mínima debe ser de 30 €.

Para beneficiarte do desconto: se fas a compra na tenda física de Personas WIP, presenta o teu carné de colexiada ou algún documento que acredite a túa colexiación. Na tenda online http://www.personaswip.com/, escribe un email a info@personaswip.com solicitando o teu desconto despois de terte rexistrado na web co teu número de colexiación.

Máis info

 

www.personaswip.com

Ronda de la Muralla 89 Bajo, Lugo

Tlf: 982255187