O Gabinete Andares está formado por dúas Psicólogas e Terapeutas Familiares acreditadas, membros do Colexio de Psicólogos de Galicia e da Asociación Galega de Terapia Familiar. Está especializado en psicoloxía clínica e educativa e levan a cabo Terapia Individual, Familiar, Sexual e de Parella.
Grazas a súa profesión coñecen de preto a realidade social e dos servizos sociais da comunidade galega, polo que observan que as e os profesionais que interveñen nela poden considerarse unha poboación de risco en canto á saúde mental e psicolóxica se refire.
Por esta razón, fan esta oferta ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, para que todas e todos as/os colexiadas/os teñan oportunidade de desconto nos seus servizos no caso de precisar deles nun momento determinado:
Máis info
Gabinete de Psicoloxía Andares
Avda. Gregorio Espino, 17, 2-B
36205 Vigo (Pontevedra)
Tlf.: 986 272 202
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS