Queremos que a nova sede do Ceesg se convirta nun espazo aberto e de encontro para a Educación Social, onde desenvolver non só as tarefas do quefacer cotiá do Colexio, e as actuacións programadas pola Xunta de Goberno, senón que tamén albergue as actividades de persoas colexiadas que precisen deste espazo e dos recursos dos que dispoñemos.
Só tes que cumprimentar o seguinte formulario e contemplar o Regulamento de cesión de espazos e recursos
. Unha vez realizada a solicitude confirmaremos a dispoñibilidade nun prazo máximo de 4 días hábiles.
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS