1. Listaxes de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia
2. Listaxes de peritos xudiciais
3. Rexistro de mediación familiar
1. Listaxes de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia:
Que son?
Son un procedemento para a cobertura con carácter temporal de postos incluídos nas relacións de postos de traballo da Xunta de Galicia, mentres non se procede á súa cobertura definitiva.
Están reguladas polo Decreto 37/2006
, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (descarga os anexos
)
Cando presentar as solicitudes?
Porén, en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada porque non se producen contratacións ou nomeamentos, ou ben porque hai un excesivo número de persoas inscritas, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes ata a resolución dun novo proceso selectivo, coa excepción das/os interesadas/os que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia.
Como tramitar unha solicitude?
A Xunta de Galicia ten habilitada unha aplicación informática que permite xerar todas as solicitudes normalizadas para as listas de contratación temporal e presentar telemáticamente aquelas que teñan habilitada esta funcionalidade.
Nesta mesma ligazón atoparás información sobre a documentación a presentar.
Accede á aplicación.
Onde consultar as listas?
Na seguinte ligazón poderás consultar as listas.
Máis información:
Teléfono de atención da Xunta de Galicia: 012
2. Listaxes de peritos xudiciais
A acción do educador/a social ten normalmente un carácter intervencionista, dirixido á mellora da situación social e educativa das persoas ás que dirixe o seu traballo. Para o desenvolvemento da súa labor, dispón de coñecementos e capacidades para a implementación de técnicas de avaliación e investigación socioeducativa, que son necesarias para a detección, análise, valoración e interpretación de necesidades do entorno socioeducativo (institucional, familiar, comunitario...) no que intervén. Estes coñecementos e capacidades veñen avalados pola súa formación universitaria, que inclúe nos seus plans de estudo materias específicas relacionadas coa investigación socioeducativa.
Esta capacidade de análise e valoración dunha situación social determinada, xunto coa formación específica na materia impartida polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, é a que fai do/a educador/a social o/a profesional competente para actuar como perito en procedementos xudiciais nos que se requira a valoración dunha persoa experta no ámbito socioeducativo.
A actividade pericial consiste na valoración por parte de persoal experto dunha determinada situación ou feito, que pode ser influinte para a decisión xudicial, e pode ser empregado como proba nun xuízo. Este proceso está regulado pola Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, que establece que “Cando sexan necesarios coñecementos científicos, artísticos, técnicos ou prácticos para valorar feitos ou circunstancias relevantes no asunto ou adquirir certeza sobre eles, as partes poderán aportar ao proceso o ditame de peritos que posúan os coñecementos correspondentes ou solicitar, nos casos previstos nesta lei, que se emita ditame por perito designado polo tribunal”. O perito debe actuar sempre coa maior obxectividade posible, tomando en consideración tanto o que poida favorecer como o que poida causar prexuízo a calquera das partes.
Esta lei establece tamén que a principios de cada ano se lles solicitará aos Colexios profesionais a lista de persoas colexiadas dispostas a actuar como peritos. Para a confección desta lista, o Ceesg aprobou un regulamento específico (descarga documento)
3. Rexistro de mediación familiar
En que consiste a mediación familiar?
A mediación familiar é un procedemento de resolución de conflitos, extraxudicial e voluntario, que mediante a intervención imparcial dun/ha profesional, pedida e aceptada polas partes, especializada no eido psico-socio-familiar e inscrita no Rexistro de Persoas Mediadoras de Galicia, trata de axudar ás parellas, que teñen ou tiveron unha relación, co obxectivo de resolver de mutuo acordo as consecuencias da separación, nulidade, divorcio ou ruptura da súa relación, e ofrecerlles unha solución pactada para a súa problemática.
A mediación busca unha solución pactada entre os membros da parella sobre todos os efectos que se derivan da separación, divorcio ou da ruptura da súa unión.
Obxecto:
A mediación pode ser total ou parcial segundo se refira a todos ou a algúns destes aspectos:
Obxectivos:
Vantaxes:
Principios que rexen a mediación:
Onde se regula a mediación familiar?

e corrección de erros (DOG do 4 de marzo de 2003)

Que requisitos se precisan para ser mediador/a familiar?
Para o exercicio da mediación familiar regulada na Lei 4/2001, do 31 de Maio, débese estar inscrito no Rexistro de Persoas Mediadoras.
Para a inscrición no Rexistro de Persoas Mediadoras, débense reunir os seguintes requisitos:
Documentos a achegar:
Máis información
Secretaría Xeral de Familia e Benestar. Subdirección Xeral de Familia e Menores
Tel. 981545671 I 981957165
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS