Horario
- Coincidirá co horaio de atención ao público do Ceesg.
Servizos
A Biblioteca prestará gratuitamente ás persoas colexiadas os servizos de:
- lectura ou consulta en sala
- empréstito a domicilio
- consulta de CD-Rom
- consulta de Internet
Lectura ou consulta en sala
- O acceso queda supeditado a outros posibles usos da aula (reunións, actividades, cursos, etc.). Por este motivo, antes de achegarse ata a Biblioteca, é recomendable asegurarse de que non haxa ningunha actividade prevista.
- As persoas usuarias da Biblioteca en ningún caso repoñerán persoalmente os exemplares consultados, para evitar desordear os fondos en función da súa catalogación.
Empréstito a domicilio
1. Recollida e entrega
- A recollida e entrega de materiais farase directamente no Ceesg, podendo enviarse por correo postal a aquelas persoas que residan fóra de Santiago.
- Pode facerse por parte de terceiras persoas no nome dunha persoa colexiada, presentando o carné de colexiada/o desta. Previamente, será necesario que a persoa colexiada comunique ao Ceesg a publicación concreta que require.
- A devolución poderá facela calquera persoa, sexa ou non colexiada, directamente no Ceesg ou por correo postal.
2. Envío a docimicilio
- Os gastos de envío por correo certificado á/ao colexiada/o correrán a cargo do Ceesg.
- Os gastos de envío para a devolución do material correrá a cargo da/o colexiada/o.
- No caso de que no Ceesg non se reciba a publicación, considerarase como extravío por parte da colexiada/o.
3. Exemplares para o empréstito
- Cada colexiado/a poderá ter prestadas como máximo 4 publicacións ao mesmo tempo.
- Como norma xeral, os materiais da biblioteca susceptibles de empréstito son os seguintes:
- Libros
- Revistas e publicacións periódicas
- Folletos
- Outros materiais: kits, CDs, etc.
- Serán excepcións as publicacións de particular interese por razóns históricas, artísticas, bibliográficas ou de reposición e aqueles que o Ceesg estime en función das súas características especiais. Como norma xeral, os seguintes materiais, non son susceptibles de empréstito:
- Boletíns, diarios oficiais e xornais
- Materiais non editados
Estes materiais poderán prestarse nos casos nos que o Ceesg considere, e sempre que sexa para servizo do propio Colexio.
4. Duración do empréstito
- A duración do empréstito será como máximo de 1 mes.
- Poderá prorrogarse unha vez máis durante outro mes.
- Para solicitar a renovación, a persoa colexiada debe comunicarllo ao Ceesg (por teléfono ou correo-e) antes de que remate o prazo de empréstito.
Consulta de internet
- Realizarase tras a petición previa ao persoal do Ceesg.
- Poderase limitar o tempo de duración das sesións en función das demandas existentes.
- Só se poderán consultar páxinas de información ou os correos electrónicos, non está permitido o "chat".
- Queda totalmente prohibida a copia en soporte informático do material especial que consta na biblioteca.
Uso das publicacións
O Ceesg declina toda responsabilidade polo uso fraudulento que poida facerse dos libros, revistas e demais fondos obxecto de empréstito por parte de calquera usuaria/o da Biblioteca, quen deberá respectar a lexislación vixente en todo momento.
Infraccións e sancións
- A sanción por demora na devolución do empréstito consistirá en suspender a condición de usuaria/o da Biblioteca durante un período proporcional aos días de demora e á frecuencia das demoras, a razón de:
- ata 9 días de atraso: sen sanción.
- entre 10 e 20 días de atraso: 1 mes de sanción.
- entre 21 e 30 días de atraso: 3 meses de sanción.
- Máis de 30 días de atraso: 6 meses de sanción.
- Cursaranse un máximo de 3 reclamacións cun intervalo de 10 días naturais, ao termo das cales, e sen ter reintegrado os fondos obxecto de empréstito, perderase a condición de usuaria/o por termo mínimo de seis meses e ata o reintegro dos fondos obxecto de empréstito; isto sen prexuízo do dereito do Colexio para reclamar o importe dos fondos, así como da incoación do oportuno expediente disciplinario se os feitos fosen sancionables conforme aos Estatutos do Ceesg.
- En caso de extravío ou deterioro do material, a/o usuaria/o deberá reemprazalo por outro novo.
- Cando non poida ser reemprazado, deberá indemnizar á biblioteca cun abono económico que se establecerá segundo o prezo orixinal do material, e responde ao seguinte criterio
- Entre 0 e 6 €: 15 €
- Entre 6,01 y 9,99 €: 20 €
- Entre 10 y 19,99 €: 40 €
- Entre 20 y 40 €: 60 €
- Máis de 40 €: 90 €
As demais cuestións relacionadas coa Biblioteca, que non estean previstas neste Regulamento nin nos Estatutos do Colexio, serán resoltas pola Xunta de Goberno.
Setembro de 2010