Área privada

Asesoramento xurídico

O Gabinete da Asesoría Xurídica do Ceesg é o órgano encargado da representación da nosa Entidade ante os Xulgados e Tribunais e de coordinar a súa defensa xurídica.

A sabendas de que a xestión ordinaria e a tramitación de asuntos requiren cada día dun maior coñecemento de normas, o Ceesg pón a disposición das/os colexiadas/os o Servizo de Asesoría Xurídica, co obxecto de ofrecer a todas as personas que conformamos o Colexio, orientación e información en materia legal, favorecendo a resolución de dúbidas e a toma de decisións sobre cuestións que nos afecten directamente no exercicio da nosa profesión.

Resultaría complicado establecer un listado pechado dos contidos que abrangue o asesoramento xurídico ou o alcance dos mesmos, dada a multiplicidade de ámbitos de traballo propios da Educación Social e a indefinición de tarefas nalgúns deles. Non obstante, aclararanse todas aquelas consultas xurídicas sobre temas directamente vinculados á profesión, non sendo obxecto deste servizo as cuestións de índole exclusivamente laboral, posto que son competencia dos sindicatos.

Exemplos de consultas xurídicas poden ser a seguintes:

  • Revisión da adecuación a dereito das bases de convocatorias de emprego.
  • Denuncia da exclusión das listas de admitidas/os a participar nun proceso selectivo en ámbitos de traballo competencia das/os educadoras/es sociais.
  • Dúbidas sobre o desempeño das nosas funcións como educadoras/es sociais.
  • Etc.

O Ceesg asume o custe da primeira consulta co Gabinete. Así mesmo, este servizo inclúe a representación e a defensa ante Xulgados e Tribunais, naqueles casos que afecten ao exercicio global da profesión, sempre previa aprobación e baixo a supervisión e dirección da Xunta de Goberno do Colexio.