Área privada

Relacións Institucionais

O Ceesg solidarízase

Comunidade Pelca, Potosí-Bolibia (2003)




A comunidade de Pelca, unha de tantas comunidades pobres que existen en toda Bolivia, encóntrase situada ao Sudoeste do departamento de Potosí na Provincia Antonio Quijarro, Municipio de Tomave, Ayllu Yura a 95 Qm. Na estrada troncal entre Potosí – Uyuni.

Os habitantes e a súa organización

Oitenta familias, máis ou menos catrocentas persoas, son parte desta comunidade que ten características sobresaíntes.

No que respecta á súa organización podemos dicir que conta cun sistema de autoridades orixinarias, que manteñen valores da cultura andina, estes valores son representados en distintas instancias como por exemplo: a reunión ou asemblea Comunal que é a máxima instancia de decisión sobre asuntos de interese común. Neste espazo practícase unha verdadeira democracia participativa que contempla unha solución directa dos problemas. Para os pobos indíxenas, como é o caso do Jatun Ayllu Yuram ao cal pertenece a comunidade de Pelca, non foi moi difícil acomodarse ao proceso de reformas estruturais que se deron no país, posto que dende os seus antepasados manteñen esa forma de resolver os seus problemas.

Como resultado dun proceso de reflexión e capacitación, cóntase con líderes homes e mulleres que promoven o desenvolvemento integral da súa comunidade, xa que ata hai uns cantos anos atrás só se dedicaban á mono-produción, sendo o millo o elemento básico para a súa alimentación. Na actualidade vanse implementando novas estratexias de produción, con características diversificadoras, por exemplo: a construcción de carpas solares; a implementación de hortas frutais; a elaboración de prendas en telares; a apicultura, etc. Estas estratexias están orientadas a mellorar a calidade de vida dos habitantes da comunidade.

A escola Pelca

Os comunarios de Pelca, pese a moitas dificultades, sobre todo económicas, lograron manter o funcionamento da súa escola, a mesma que ata hai uns anos tiña características precarias, ao igual que na maioría das comunidades do Ayllu Yura, cunha construción de adobes con piso de terra, pizarras en moi mal estado, carencia case total de vidros nas fiestras e portas, o cal repercutía negativamente nos nenos e nenas. Se a isto lle engadimos a mala alimentación da infancia, poderíamos dicir que non había suficientes condicións para manter funcionando a escola de Pelca, pero a loita constante de todos os membros desta comunidade por conseguir pouco a pouco resposta ás súas necesidades comúns, fan desta unha comunidade especial.

A escola hoxe

Hoxe en día, a comunidade logrou que o municipio, con axuda externa, mellore a infraestrutura da escola. Sen embargo, aínda continúa latente o problema de contar cos servizos hixiénicos que son primordiais nunha escola que agora acolle a setenta nenos e nenas de nivel primario, non só da comunidade de Pelca, senón tamén de comunidades aledañas como poden ser Vila Vila e Charcoyo. Os nenos e nenas que pertencen a estas comunidades deben camiñar entre unha hora e corenta e cinco minutos respectivamente, moitas veces soportando as inclemencias do tempo.

Os nenos e nenas que asisten á escola Pelca

Se ben as familias van implementando na súa dieta alimenticia máis verdura, o problema da mala alimentación da infancia segue existindo e, con ela, as enfermidades, xa que os nenos e as nenas non contan con suficientes defensas para combatir os focos de infección cos que a diario se atopan: como a escola carece de servizos sanitarios, como baños e duchas, vense obrigados/as a salir á intemperie para facer as súas necesidades biolóxicas; está constantemente en contacto coa natureza dende que saen da casa camiño da escola, e cos seus animais, xa que nos seus días libres deben axudar á súa familia a pastear as ovellas, chivos, llamas, etc.

Que se quere cambiar e como?

É neste senso que o fin último da propuesta que se lle fixo ao Ceesg estaba orientada a previr nos nenos e nenas que asisten á escola da comunidade de Pelca, enfermidades de tipo infecto contaxiosas e así brindar maiores condicións para mellorar a calidade da saúde e por ende da educación.

Para lograr este fin a comunidade solicitou a construción de baños hixiénicos e duchas solares, que estarán ubicados na mesma escola. Cómpre destacar que en toda a comunidade non existen baños nin duchas polo que a construción dos mesmos servirá para fomentar, tanto na escola como nas persoas maiores e mozas, un hábito de limpeza, o que axudará a paliar algunhas enfermidades de tipo infeccioso.

Cal será o aporte da comunidade?

Gumersindo Caipe (Animador da comunidad), dinos: "nós estamos dispostos a poñer a nosa man de obra, elaborando adobes, xuntando pedras, area; en si encargarémonos da obra bruta tanto dos baños como das duchas, para o cal traballaremos organizados en grupos".

A construción dos baños e duchas ascende á suma de 1602.53 $us. Ademais deste orzamento propoñemos que as duchas estean instaladas cun calentador solar que ten un custo de 800 $us, que permitirá aproveitar a enerxía solar e evitar gastos de consumo de electricidade á comunidade.