Área privada

Relacións Institucionais

O Ceesg forma parte de...

Rede Interxeneracional do IMSERSO (Histórico)

A Rede Interxeneracional é unha iniciativa do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) do Ministerio de Sanidade e Política Social.

O seu obxectivo principal é impulsar as investigacións, as políticas e as prácticas en favor dunhas relacións máis beneficiosas entre as distintas xeracións. O fin último desta Rede é colaborar na implantación dunha auténtica sociedade para tódalas idades.

As tarefas da Rede Interxeneracional inclúen:

  • Facilitar o contacto entre persoas e entidades interesadas polos temas interxeneracionais.
  • Difundir información sobre diversos asuntos relacionados co ámbito interxeneracional.
  • Poñer a disposición dos seus membros documentos de interese, nacionais e internacionais, que aborden aspectos da interxeneracionalidade.
  • Recoller información acerca de actividades e programas interxeneracionais realizados en España e poñela a disposición do público xeral.
  • Organizar xornadas, cursos e outras actividades destinadas a capacitar aos profesionais do interxeneracional.
  • Ofrecer apoio técnico para a mellora da planificación, execución e avaliación das prácticas, actividades e programas interxeneracionais.

A Rede Interxeracional do IMSERSO, que dende o 2005 promocionou o envellecemento activo e a interxeracionalidade, e serviu de apoio, motor e canle de comunicación para experiencias deste tipo, deixou de funcionar o día 1 de xaneiro de 2013.