Área privada

Relacións Institucionais

O Ceesg forma parte de...

Observatorio Galego de Violencia de Xénero

O Observatorio Galego da Violencia de Xénero é regulado por:

Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero no relativo aos órganos consultivos e de participación.

Decreto 157/2012, do 5 de xullo, polo que se desenvolve a Lei anterior.

Decreto 70/2017, do 13 de xullo polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. (neste último incorpórase o Ceesg á súa composición)

Este observatorio ten asignadas as seguintes funcións:

  1. Actuar como órgano de recollida, análise e difusión de información relativa á violencia de xénero. Con ese fin crearase e manterase unha base de datos na que se integren todos aqueles datos relativos ás situacións de violencia de xénero na Comunidade Autónoma, co fin de sistematizar, actualizar e analizar a información que se recolla.
  2. Formular recomendacións e propostas tendentes a mellorar os indicadores e sistemas de información utilizados polos servizos en materia de violencia contra a muller e a promover melloras na oferta dos diferentes recursos que incidan no ámbito da violencia de xénero na Comunidade Autónoma.
  3. Manter relacións de coordinación e colaboración cos distintos organismos internacionais, estatais, autonómicos e locais que teñan encomendadas funcións de natureza similar.
  4. Elaborar informes sobre a violencia de xénero en Galicia.
  5. Propoñer a realización de investigacións e estudos específicos para a prevención e erradicación da violencia de xénero.
  6. Analizar a adecuación das medidas integrais dirixidas ás vítimas de violencia de xénero, investigando as súas consecuencias e efectos.
  7. Propoñer medidas e accións dirixidas á prevención e erradicación da violencia de xénero e á mellora da situación das mulleres vítimas desa violencia.
  8. Propoñer medidas e accións dirixidas á prevención da violencia de xénero no ámbito educativo.
  9. Actuar como órgano de vixilancia, asesoramento e denuncia en materia de erradicación da discriminación por razón de sexo en publicidade.