Área privada

Relacións Institucionais

O Ceesg forma parte de...

Marea Laranxa

 

Co Estado de Benestar superouse a caridade ou beneficencia, e agora podemos falar de Dereitos Sociais. Pero os recortes que se están a facer no sector, que afectan ás capas máis vulnerables da sociedade, poden facer retroceder este avance que custou décadas acadar.

A Marea Laranxa pretende evitar isto concienciando á cidadanía e presionando á clase política da importancia de preservar o sistema de servizos sociais. Para isto, é necesario que todas e todos os profesionais do sector saiamos á rúa e nos fagamos oír.

Trátase dun movemento cidadán, xurdido en Aragón a mediados do 2012, que pronto se espallou por todo o estado.