Área privada

Relacións Institucionais

O Ceesg forma parte de...

Consello Galego de Benestar Social

O Consello Galego de Benestar Social, xunto coa Mesa Galega de Servizos Sociais vela polo cumprimento das medidas que recollerá a Lei de inclusión social, en concreto, fará un seguimento estatístico, tanto dos procesos de concesión da futura renda de inclusión social de Galicia, como da correcta aplicación das medidas de fomento do emprego que, vinculadas aos proxectos de inserción, se prevén nesta normativa.

A este organismo están adscritos o Observatorio Galego de Servizos Sociais e a Mesa Galega de Servizos Sociais. Estes órgano vén a substituír ao Consello Galego de Servizos Sociais (onde podiamos asistir sen dereito a voto) e das mesas de Avaliación e Seguimento da Risga.

Observatorio de Servizos Sociais
Será o encargado de establecer un sistema de información permanente sobre a situación dos servizos sociais en Galicia, realizará investigacións e elaborará informes periódicos que reflictan as principais variables sociais e permitan facer propostas encamiñadas a promover o desenvolvemento das políticas sociais de Galicia.

Mesa Galega de Servizos Sociais
A Mesa é un órgano de participación institucional dos axentes sociais, e estará presidida pola Administración e contará coa participación dos distintos axentes sociais.

O Consello Galego de Benestar Social está regulado polo DECRETO 246/2011, do 15 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no relativo aos órganos consultivos e de participación.