Área privada

Relacións Institucionais

O Ceesg forma parte de...

Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago

O Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela é un órgano consultivo e de asesoramento ao Concello, no relativo aos ámbitos da familia, benestar social, igualdade e emprego.

A súas finalidades son:

  1. Canalizar a participación da cidadanía a través das entidades, organizacións e institucións máis representativas nos sectores de actuación da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego.
  2. Promover e facilitar o intercambio e a posta en común co obxecto de propoñer solucións perante as novas necesidades xurdidas nestes ámbitos de actuación.
  3. Promover o carácter integral das políticas nestas áreas de actuación e facilitar a súa coordinación e transversalidade.

O seu regulamento está publicado no BOP do 13 de abril de 2012.

O Ceesg nomeou as representantes neste órgano en abril de 2013.