Área privada

Puntos de Información Colexial

Puntos de Información Colexial

Os PICs (Puntos de Información Colexial) son taboleiros situados nas Facultades nas que se imparte Educación Social en Galicia, e dinamizados por estudantes voluntarias/os.

Estas e estes estudantes dinamizadoras/es dos PIC benefícianse de ser Amigas/os do Ceesg sen pagar a cota correspondente, e colaboran co colexio adquirindo o comprimiso de:

  • Difundir as actividades do colexio a través dos taboleiros, das súas redes sociais, e comentándoo nas aulas.
  • Organizar unha actividade de promoción do colexio ou da educación social, ao longo do curso.

Queres ser dinamizador/a do PIC?

Só tes que enviar a documentación para facerte amiga/o do Ceesg, indicando que queres formar parte do PIC (non fai falta que envíes o impreso de domiciliación, pois non che cobraremos a cota de amizade)