Área privada

Grupos de traballo

Grupos activos

Fiadeiras, Grupo de traballo de Igualdade

» Presentación

O grupo de traballo Fiadeiras centra o seu interese no ámbito da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Pretendemos xerar un espazo para o encontro, reflexión e traballo profesional das educadoras e educadores sociais da nosa comunidade, encamiñado a romper cos modelos sexistas que seguen a frear a día de hoxe os avances cara unha sociedade democrática e xusta.

Os valores fundamentais que sosteñen o noso quefacer son a Igualdade, a Xustiza Social, a Sororidade e a Non Violencia; imprescindibles para comprometer a praxe do Ceesg e situar a igualdade de xénero como valor central da práctica educadora.

Dende Fiadeiras desenvolveremos diferentes actuacións que serán presentadas en acto público o vindeiro mes de setembro, organizadas entorno a tres grandes bloques:

  • Actividades formativas: encamiñadas a mellorar a formación das educadoras e educadores sociais en materia de igualdade entre mulleres e homes, integrando a perspectiva de xénero como elemento crítico da súa práctica profesional.
  • Actividades reivindicativas: encamiñadas a denunciar discriminacións que permanecen activas e limitan as posibilidades de desenvolvemento das mulleres.
  • Actividades culturais: encamiñadas a fomentar a participación das mulleres na vida cultural e asociativa da comunidade, abrindo foros para o debate e a reflexión sobre a posibilidade dun mundo que non sexa masculino singular.

Como grupo temos a inquedanza de que Fiadeiras contribúa a tecer redes entre as educadoras e educadores que compartimos a vixencia e lexitimidade da loita feminista, por iso queda aberta a posibilidade de incrementar os activos mediante novas colaboracións.

En compañía, a tarefa de cambiar o mundo parece máis posible e real.

» Conformación

  • Ceesg (Santiago de Compostela)
  • Natalia Domínguez Galán (OLEIROS)
  • Eva Mª Bastón Martínez (Bueu)
  • Tania Merelas Iglesias (En que localidade resides actualmente)
  • Mª Isabel Taboada Mougán (Santiago de Compostela)
  • Maite Sío Docampo (Mos)
  • Noelia Darriba García ()
  • Raquel López Fernández ()