Área privada

Grupos de traballo

Grupos activos

Escaravellando, Grupo de Traballo en Infancia e Adolescencia

» Presentación

Escaravellando é un grupo de educadoras e educadores sociais interesados/as no ámbito da infancia e a adolescencia, coa motivación de crear un punto de encontro entre profesionais do eido, dende o que pretendemos:

  • Defender a figura do educador e da educadora social no eido da infancia e a adolescencia.
  • Analizar a figura da educadora e educador social neste eido.
  • Establecer redes de colaboración con outros grupos e entidades vencellados con esta poboación.
  • Desenvolver accións formativas, lúdicas, educativas, culturais,… orientadas a fortalecer a figura da educadora e do educador social.
  • Traballar coa documentación relativa á nosa actuación.

As liñas que pretendemos seguir para a consecución dos obxectivos antes mencionados van ligadas a creación de espazos de intercambio de información, como os blogs, redes sociais,…, as diferentes formacións, xa sexan cursos, charlas-coloquios, etc. Tamén está moi presente a liña reivindicativa, apostando polo futuro da educación social, analizando a realidade actual para así poder traballar na mellora desta figura profesional.

Agardámoste!

» Conformación

  • Ceesg (Santiago de Compostela)
  • Beatriz Caneda Zamar (Santiago de Compostela)
  • María Quintas Sotelo (Ourense)
  • María Piñeiro Freire ()
  • José Luis Carballo Iglesias (A Estrada / Ourense)