Área privada

Grupos de traballo

Grupos activos

A Eira do Ceesg, Grupo de traballo de Desenvolvemento Comunitario e Educación Ambiental

» Presentación

A Eira do Ceesg  é o grupo de traballo do Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia interesado no Desenvolvemento Comunitario e a Educación Ambiental.
Somos conscientes da complexidade de ambos termos, mais neste primeiro momento é interesante recollelos, para definilos e reclamalos como espazos onde ten cabida a figura do educador e educadora social.
Entendemos que o Desenvolvemento Comunitario é unha metodoloxía transversal a todos os ámbitos de traballo da educación social, baseada na participación da comunidade no seu propio proceso de transformación social.
E consideramos que a Educación Ambiental non é só a aprendizaxe de aptitudes de cara a preservación do medio e a redución do noso impacto neste, senón que tamén debe facer referencia a relacións e dinámicas sociais que se xeran na comunidade interatuando co medio, para acadar un desenvolvemento integral e sostible.
Así, o nome de A eira do Ceesg recolle estas dúas ideas por tratarse este dun lugar tradicional de realización de tarefas vencelladas coa terra e xerme de vínculos comunitarios.

» Conformación

  • Ceesg (Santiago de Compostela)
  • Nereida Rivero Cruz (Santiago de Compostela)
  • Valle Marcos García-Conde ()
  • Kylyan Marc Bisquert i Pérez (Santiago de Compostela)
  • Enma Alcaide Ucha (Santiago de Compostela)