Área privada

Grupos de traballo

Grupos activos

Como funcionan?

Os obxectivos e actuacións dos grupos de traballo se definen anualmente no plan que deben elaborar e presentar á Xunta de Goberno do Ceesg para a súa aprobación. Para o seu desenvolvemento, cada grupo establece a súa propia dinámica de organización e funcionamento, no relativo a reparto de tarefas, sistema de reunións (virtuais e/ou presenciais), toma de decisións, etc.

O función do Ceesg respecto dos grupos de traballo é facilitar e apoiar o desenvolvemento das súas actuacións, poñendo á súa disposición o que precisen en materia de loxística, relacións institucionais, soporte administrativo, financiamento, etc.

De forma xeral, todos grupos contan cun espazo privado na web do Ceesg, no que dispoñen de ferramentas para compartir documentos, desenvolver xuntanzas virtuais a través do chat, debater no foro, así como unha lista de distribución e un calendario.