Área privada

Grupos de traballo

Grupos activos

Ceesg en Diverdade, Grupo sobre Diversidade Funcional

» Presentación

Ceesg en Diverdade xorde no 2017 coa intención principal de crear un espazo aberto a dialogar, compartir e contrastar experiencias e información en relación á Diversidade Funcional Humana (DFH). Todas as persoas integrantes somos educadoras sociais que, tendo experiencias persoais e profesionais diversas, decidimos xuntarnos para traballar esta temática tan ampla formulándonos preguntas, compartindo inquedanzas e comparando ideas e puntos de vista.

DIVERDADE é un acrónimo que engloba os seguintes conceptos: dignidade e liberdade na diversidade. Esta palabra é algo máis cun novo termo, é unha proposta estruturada e un obxectivo a alcanzar para construír unha sociedade na que entramos todas as persoas. A Educación Social ten moito que dicir e aportar, sobre todo nos tempos que estamos a vivir. Nesta sociedade multiétnica, multilingüística, multirrelixiosa, multicultural… debe haber un oco para a defensa e promoción da DFH en tódalas súas formas.

Por iso, este grupo de traballo márcase como obxectivos xerais:

  • Debater e analizar as nosas funcións neste ámbito, e porque non de paso, fortalecer a nosa figura profesional para loitar polo recoñecemento do noso labor e mellorar así a nosa situación sociolaboral.
  • Dar a coñecer prácticas profesionais e experiencias levadas a cabo.
  • Dar visibilidade ás demandas e dereitos do colectivo de persoas con capacidades diferentes.
  • Sensibilizar á sociedade e ós profesionais co fin de romper co modelo médico-asistencial predominante no sistema actual.
  • Completar con cursos/seminarios/faladoiros os baleiros formativos en determinadas áreas.
  • Fomentar modelos de intervención profesionais con base no Movemento de Vida Independente e a Planificación Centrada na Persoa.

» Conformación

  • Ceesg (Santiago de Compostela)
  • Paula Varela Costa (Ourense)
  • Noelia Parente Vieites (Teo)
  • Estefanía Estévez Cacheiro (OURENSE)