» Presentación
Á Área de Comunicación e participación colexial ten como obxectivos:
- Definir e manter unha liña de comunicación interna e externa que garanta a transmisión dunha imaxe e dun proxecto uniforme, coherente e compartido de Colexio.
- Incrementar e afondar nos procesos de comunicación e intercambio, formais e informais, a nivel persoal, social e profesional.
- Ampliar e diversificar a participación e interacción de profesionais do social nas canles comunicativas do Ceesg.
- Colaborar coas outras áreas na formulación e edición de publicacións da actividade colexial.
- Establecer vías de comunicación e acción conxunta cos colexios profesionais de Traballo Social e Psicoloxía de Galicia.
Empréganse como canles de información e interacción coas persoas colexiadas e coa sociedade no seu conxunto, as seguintes:
- Portal web.
- Revista Galeduso, de carácter anual e monográfico.
- Boletín dixital mensual.
- Colección Colexio en Dixital.
Así mesmo, é a responsable das publicacións de Actas de accións formativas, folletos e dípticos informativos, notas e comunicados de prensa...