O traballo do Ceesg está sustentado e guiado polos seguintes principios:
- O compromiso coa profesión.
- A xustiza social.
- A perspectiva de xénero.
- A lingua e cultura galegas.
A Xunta de Goberno aposta por un Colexio:
- Con responsabilidade social e reivindicativo na defensa da educación social como dereito fundamental da cidadanía galega e como medio para xerar cambios a prol dunha sociedade máis igualitaria, participativa e democrática, implicándose especialmente naquelas accións dirixidas a promover a igualdade de xénero e a xustiza social.
- Comprometido coa ética e o código deontolóxico da nosa profesión.
- Transparente, na toma de decisións e no proceso de xestión de cada actuación, que traballe desde e con criterios de calidade.
- Plural, cunha base social de participación colexial ampla e non excluínte.
- Propositivo, aportando propostas tecnicamente argumentadas e de valor ético, político e socioeducativo nos diferentes foros e entidades nas que estea presente.
- Participativo e proactivo, facendo visible a capacidade de contribuír de cada quen, empoderando a colexiadas e colexiados na construción colectiva do Colexio.
- Aberto e colaborador con outras entidades e profesións relacionadas coa intervención social, coas universidades, coas administracións e cos demais colexios e asociacións profesionais a nivel autonómico, estatal e internacional.
- Útil e eficiente, que dá resposta ás demandas e preocupacións das colexiadas e colexiados.
- Actualizado, en canto ás realidades sociais, educativas e laborais que supoñen novos retos posibilidades para a Educación Social.
- Descentralizado, achegado ás persoas e aos territorios.
- Referente da Educación Social: para as/os profesionais, estudantado, e a sociedade en xeral