Área privada

Xunta de Goberno

Liñas estratéxicas 2018-2022

1. RECOÑECEMENTO SOCIAL DA PROFESIÓN.

  • Continuando coa Campaña da Lei de regularización da educación social, a nivel estatal e autonómico.
  • Concienciando á sociedade galega sobre o noso perfil profesional: necesidade, funcións e servizos.
  • Desenvolvendo accións de fomento da nosa identidade profesional, onde nos recoñezamos como profesionais da educación social.
  • Poñendo en valor a nosa diversidade e valía profesional.
  • Promovendo a profesión en espazos de intervención comunitaria e socioeducativa.
  • Abrindo novos horizontes con entidades nacionais e internacionais que favorezan o desenvolvemento de proxectos compartidos.


2. PARTICIPACIÓN COLEXIAL

  • Motivando á colexiación para acadar unha representación sólida en Galiza.
  • Favorecendo alternativas económicas nas cotas colexiais.
  • Tendo en conta propostas e iniciativas das colexiadas e colexiados.
  • Facilitando que as colexiadas poidan representar ó colexio, como colaboradoras, asociadas ou representantes tanto vinculadas como non vinculadas á xunta de goberno ou grupos de traballo.
  • Tecendo redes e creando espazos de encontro tanto virtuais como presenciais.
  • Interactuando co estudantado das universidades galegas como recurso de orientación, formativo e de mellora das competencias profesionais.
  • Facilitando a participación nos grupos de traballo.


3. PRESENZA MEDIÁTICA

  • Desenvolvendo estratexias eficaces de comunicación e marketing social.
  • Apostando polas ferramentas dixitais como medio de comunicación colexial.
  • Deseñando novos xeitos de relación cos medios de comunicación.
  • Promocionando publicacións referentes e de opinión sobre o quefacer profesional.


4. DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL

  • Deseñando un plan formativo anual continuado innovador e de calidade.
  • Creando grupos de traballo por ámbitos que contribúan ao coñecemento específico e técnico.
  • Dotando de recursos accesibles para mellorar a práctica profesional.
  • Deseñando documentos teórico-científicos facilitadores do quefacer profesional.
  • Colaborando coa universidade e con outros sectores sociais de forma estable.


5. EMPREGO E EMPREGABILIDADE

  • Poñendo en valor espazos socioeducativos e comunitarios onde estamos presentes e os postos de traballo en risco.
  • Reivindicando a presenza laboral nos sectores público e privado que deben ser ocupados por educadoras e educadores sociais.
  • Demandando postos de traballo correspondentes á nosa titulación.
  • Denunciando convocatorias nas que non se contempla a nosa categoría profesional.
  • Desenvolvendo actividades de información e orientación socioprofesional.
  • Difundindo proxectos de autoemprego.


6. EQUIPO DE TRABALLO: TRABALLO EN REDE

  • Apostando polo sentido crítico e reflexivo e actitude construtiva, proactiva e de comunidade.
  • Garantindo o dereito á discrepancia.
  • Traballando desde a corresponsabilidade.
  • Apostando pola eficiencia nos procedementos de funcionamento e pola calidade na relación coas persoas e entidades.
  • Empoderando ás persoas, buscando as potencialidades de cada quen.
  • Supervisando e avaliando de xeito continuo como método de autocrítica, aprendizaxe e mellora progresiva no desenvolvemento das funcións encomendadas.
  • Favorecendo equipos de traballo estables que acheguen a profesión ás colexiadas e colexiados, á poboación e ás entidades.


7. RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

  • Estando en rede: Rede de redes.
  • Cooperando co Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (Cgcees).
  • Dialogando con outros colexios profesionais.
  • Colaborando coas entidades galegas de interese social.
  • Iniciando relacións co sector empresarial.
  • Explorando novas dinámicas de relación coas administracións públicas galegas.
  • Mantendo e ampliando a nosa representación institucional na sociedade, nos diversos foros e espazos de decisión.
  • Establecendo presenza estable na universidade.


8. ÉTICA E BENESTAR PROFESIONAL

  • Sendo transparentes na nosa xestión.
  • Poñendo en valor as boas prácticas profesionais en diferentes campos.
  • Participando en proxectos de investigación que promovan cambios sociais a prol da igualdade, dos dereitos da cidadanía e da xustiza social.
  • Coidando da nosa saúde socioprofesional.
  • Realizando formacións e encontros para sensibilizar, comprometer e reflexionar arredor da ética e a deontoloxía.
  • Educando en habilidades de resiliencia persoal, profesional e colectiva.

Programa electoral 2018-2022Programa electoral 2018-2022