Área privada

Xunta de Goberno

Liñas estratéxicas 2015-2019

1. RECOÑECEMENTO SOCIAL DA PROFESIÓN

  • Promovendo actuacións que transmitan identidade profesional, onde nos sintamos parte e nos recoñezamos como profesionais da Educación Social.
  • Poñendo en valor a nosa pluralidade e valía profesional.
  • Achegando á sociedade galega o noso perfil profesional de cara a que coñeza as nosas funcións e servizos.
  • Promovendo a profesión en todos os espazos nos que sexa necesaria unha intervención comunitaria e socioeducativa.
  • Ampliando horizontes con entidades nacionais e internacionais que favorezan o desenvolvemento de proxectos compartidos.

2. PRESENZA MEDIÁTICA

  • Deseñando e pondo en práctica unha estratexia de comunicación e marketing social.
  • Apostando polas ferramentas dixitais como medio de comunicación colexial.
  • Explorando novos xeitos de relación cos medios de comunicación.
  • Promovendo actividades e publicacións de referencia e que creen opinión sobre o noso quefacer profesional.

3. PARTICIPACIÓN COLEXIAL

  • Motivando a colexiación para acadar unha representación sólida da Educación Social en Galiza.
  • Favorecendo alternativas económicas nas cotas colexiais.
  • Tendo en conta as propostas e iniciativas das colexiadas e colexiados.
  • Facilitando que as persoas colexiadas poidan representar ó colexio, como colaboradoras, asociadas ou representantes tanto vinculadas como non vinculadas á estrutura de xunta de goberno ou dos grupos de traballo.
  • Tecendo redes e creando espazos de encontro tanto virtuais como presenciais.
  • Interactuando co alumnado das universidades galegas como recurso de orientación, formativo e de mellora das competencias profesionais.
  • Facilitando a participación nos grupos de traballo.

4. DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL

  • Elaborando un plan de formación continuada que garanta unha preparación innovadora e de calidade para as/os profesionais.
  • Potenciando a creación de grupos de traballo por ámbitos que contribúan a un coñecemento máis específico e técnico.
  • Ofrecendo recursos accesibles para mellorar a práctica profesional (virtual e fisicamente).
  • Deseñando documentos científicos e teóricos que faciliten o quefacer das educadoras e educadores sociais.
  • Colaborando coa universidade e outros sectores.

5. EMPREGO E EMPREGABILIDADE

  • Defendendo aqueles postos de traballo en risco e os espazos socioeducativos e comunitarios onde estamos presentes.
  • Coidando a presenza profesional/laboral nos sectores público e privado que deben ser ocupados por educadoras/es sociais.
  • Demandando aqueles postos de traballo correspondentes á nosa titulación.
  • Denunciando convocatorias nas que non se contempla a nosa categoría profesional.
  • Estimulando proxectos de autoemprego.
  • Promocionando o perfil profesional no sector privado.
  • Mellorando a bolsa de emprego do Ceesg.
  • Desenvolvendo actividades de orientación profesional.

6. EQUIPO DE TRABALLO: TRABALLO EN REDE

  • Traballando cun sentido crítico e reflexivo da realidade actual e con actitude construtiva, proactiva e de comunidade.
  • Garantindo o dereito á discrepancia.
  • Equilibrando o reparto de responsabilidades.
  • Apostando pola eficiencia nos procedementos de funcionamento e pola calidade na relación coas persoas e entidades.
  • Empoderando ás persoas, buscando as potencialidades de cada quen.
  • Supervisando e avaliando de xeito continuo como método de autocrítica, de aprendizaxe e de mellora progresiva no desenvolvemento das funcións encomendadas.

7. RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

  • Estando en rede: Rede de redes.
  • Cooperando co Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (Cgcees).
  • Dialogando con outros colexios profesionais.
  • Colaborando coas entidades galegas de interese social.
  • Iniciando relacións co sector empresarial.
  • Explorando novas dinámicas de relación coas administracións públicas galegas: autonómica, provincial e municipal.
  • Mantendo e ampliando a nosa representación institucional na sociedade, nos diversos foros e espazos de decisión.

8. ÉTICA E BENESTAR PROFESIONAL

  • Sendo transparentes na nosa xestión.
  • Poñendo en valor as boas prácticas profesionais en diferentes campos.
  • Participando en proxectos de investigación que promovan cambios sociais a prol da igualdade, dos dereitos da cidadanía e da xustiza social.
  • Coidando da nosa saúde profesional.
  • Realizando formacións e encontros para sensibilizar, comprometer e reflexionar arredor da ética e a deontoloxía.
  • Educando en habilidades de resiliencia persoal, profesional e colectiva

Programa electoral 2015-2019