O colexio de todas, a forza do traballo conxunto!
Participación colexial
- Humanizando o colexio; establecer vínculos profesionais coas colexiadas e colexiados, tecendo redes e creando espazos de encontro tanto virtuais como presenciais.
- Dando cabida ás propostas e iniciativas das colexiadas e colexiados a partir dos seus intereses.
- Creando opinión, onde as/os profesionais se poidan achegar para debater sobre o exercicio profesional.
- Constituíndo e consolidando grupos de traballo que poñan en valor o seu potencial.
- Conectando co alumnado das 3 universidades galegas presentando ao Ceesg como recurso de orientación, formativo e de mellora das competencias persoais e profesionais.
- Aumentando a colexiación para acadar un número suficientemente representativo do que supón a Educación Social en Galicia.
Presenza e visibilización
- Achegando á sociedade galega o noso perfil profesional de cara a que coñeza as funcións e servizos que ofrecemos de xeito que valore e reivindique a Educación Social como dereito.
- Promovendo actuacións que transmitan identidade profesional, onde nos sintamos parte e nos recoñezamos como profesionais da Educación Social poñendo en valor a nosa pluralidade e valía profesional.
- Ampliando a nosa representación institucional na sociedade, nos diversos foros e espazos de decisión.
- Deseñando unha estratexia de marketing e comunicación:
- Impulsando unha liña de comunicación que coida as mensaxes e crea opinión.
- Apostando polas novas tecnoloxías como medio de comunicación colexial, facendo da web a canle fundamental que sirva de referencia no mundo da Educación Social.
- Con presenza nos medios de comunicación e nas redes sociais, porque o que non se nomea, non existe.
- Promovendo publicacións variadas e atractivas sobre o noso quefacer profesional.
Desenvolvemento profesional
- Ofrecendo recursos accesibles para mellorar a práctica profesional (virtual e fisicamente).
- Deseñando documentos profesionais propios que faciliten o quefacer das educadoras e educadores na súa práctica e eviten a asimilación de modelos doutras profesións do social.
- Elaborando un plan de formación que garanta unha preparación de calidade para as/os profesionais, que complemente de forma axeitada a formación inicial, respondendo ás demandas das colexiadas e colexiados de forma que faga adecuarnos ao complexo rol que a sociedade demanda.
- Editando publicacións de calidade que promovan o desenvolvemento profesional.
- Creando teoría da educación social en colaboración coa Universidade.
Relacións institucionais
- Estando en rede: Rede de redes.
- Estreitando a colaboración coas universidades e co estudantado para favorecer un coñecemento mutuo.
- Relacionándonos con outros colexios profesionais, onde predomine a transferencia de coñecementos e o compartir profesional.
- Implicándonos no Cgcees, participando activamente nas vogalías ou xunta permanente.
- Colaborando con outras entidades galegas de interese social.
- Participando en proxectos de investigación que promovan cambios sociais a prol da igualdade, dos dereitos da cidadanía e da xustiza social.
Equipo de traballo: traballo en equipo
- Cunha filosofía común e compartida sobre valores fundamentais: a xustiza social, a igualdade de xénero, a promoción da lingua galega, e a diversidade cultural.
- Cun sentido crítico da realidade actual e con actitude construtiva, proactiva e de comunidade.
- Traballo en rede e colaborativo, que nos faga máis eficientes.
- Equilibrado no reparto de responsabilidades.
- Apostando pola calidade nos seus procedementos internos de funcionamento e relación coas persoas colexiadas e entidades do social.
- Que valoriza ás persoas, buscando os aspectos relevantes de cada quen, e logra empoderalas na acción colectiva.
- Que emprega e fomenta a supervisión e a avaliación continua como método de autocrítica, de aprendizaxe e de mellora progresiva no desenvolvemento das funcións encomendadas.