O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia forma parte, co resto de Colexios do Estado, do Consejo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales (Cgcees)
É un órgano colexiado de participación, investigación, asesoramento, análise, estudo e proposta en políticas de atención á infancia e á adolescencia, adscrito ao departamento da Administración autonómica con competencias en materia de infancia.
O seu obxectivo principal é impulsar as investigacións, as políticas e as prácticas en favor dunhas relacións máis beneficiosas entre as distintas xeracións. O fin último desta Rede é colaborar na implantación dunha auténtica sociedade para tódalas idades.
O Ceesg formou parte do Subcomité Galego do Foro 2010, un evento que contivo multitude de eventos e actividades a nivel mundial que xiraron ao redor da Cultura da Paz.
É unha asemblea aberta, integrada aproximadamente por 80 asociacións de inmigrantes e entidades de carácter social, sindical e político de toda Galicia, que ten como obxectivo fundamental lograr que no mundo a migración sexa respectada como un Dereito Humano, así como acabar coa discriminación, o racismo e a xenofobia.
Esta plataforma, conformada por entidades sociais, sindicais e políticas, colexios profesionais, concellos e cidadáns e cidadás de toda Galicia, naceu co obxectivo de acadar o pleno desenvolvemento da Lei 13/2008 do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
Trátase dun foro de debate y reflexión, con caracter apolítico, para solucionar problemas de convivencia na cidade de Ourense, constituído por asociacións de veciños, colexios profesionais, e representantes da vida social e cultural da cidade.
Este organismo é o órgano colexiado superior consultivo e de participación do sistema galego de servizos sociais
Pretende ser unha ferramenta de defensa duns medios de comunicación públicos en galego, imparciais, plurais e con control democrático por parte da cidadanía.
Dende xuño do ano 2010 o Ceesg forma parte da Unión Profesional de Galicia, unha asociación que agrupa a corenta colexios profesionais de ámbito autonómico.
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS