Todos os colexios profesionais ríxense por esta disposición legal na que se recollen os principios xurídicos básicos e se garante a autonomía dos Colexios, a súa personalidade xurídica e plena capacidade para o cumprimento dos fins profesionais.
No seu articulado define aos Colexios Profesionais como corporacións de dereito públicos, amparadas pola Lei e recoñecidas polo Estado, tendo como fins: a ordenación do exercicio das profesións; a representación institucional exclusiva das mesmas cando estean suxeitas a colexiación obrigatoria, como é o noso caso; a defensa dos intereses profesionais dos colexiados e colexiadas; e a protección dos intereses das persoas ás que prestan os seus servizos.
Entre as funcións, no artigo 5 recolle as seguintes:
- Cantas funcións redunden no beneficio da protección dos intereses das e dos colexiadas/os.
- Cantas funcións lle sexan encomendadas pola Administración e colaborar con esta mediante a realización de estudos, emisión de informes, etc., que poidan serlles solicitados ou acorden formular por propia iniciativa.
- Participar nos Consellos ou Organismos consultivos da Administración na materia de competencia de cada unha das profesións.
- Estar representados nos Patroados Universitarios.
- Participar na elaboración dos plans de estudo e informar as normas de organización dos Centros docentes correspondentes ás profesións respectivas e manter permanente contacto cos mesmos e preparar a información necesaria para facilitar o acceso á vida profesional das novas/os profesionais.
- Obstentar no seu ámbito a representación e defensa da profesión ante a Administración, Institucións, Tribunais, Entidades e particulares.
- Facilitar aos Tribunais a relación de colexiadas/os que puidieran ser requiridas/os para intervir como peritos nos asuntos xucidiais.
- Ordenar a actividade profesional das persoas colexiadas, velando pola ética e a dignidade profesional.
- Organizar actividades e servizos comúns de interese para as persoas colexiadas, de carácter profesional, formativo e cultural.
- Procurar a harmonía e colaboración entre as persoas colexiadas.
- Adoptar as medidas conducentes a evitar o intrusismo profesional.
- Intervir, en vía de conciliación ou arbitraxe, nas cuestións que, por motivos profesionais, se susciten entre os e as colexiadas.
- Informar nos procedementos xudiciais ou administrativos en que se discutan honorarios profesionais.
- Visar os traballos profesionais das/os colexiadas/os.
- Organizar cursos para a formación profesional das/os postgraduadas/os.
Podes consultar o texto íntegro da Lei 2/1974, de 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais (descarga documento)
Tamén se pode consultar a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, que no seu Capítulo II, Servizos profesionais, incorpora as modificacións precisas para a adaptación da Lei de colexios profesionais á nova directiva europea.