Área privada

Normativa

Decreto de cambio de denominación do Ceesg

Acorde co principio ideolóxico e político de igualdade entre homes e mulleres, e sendo conscientes de que unha das manifestacións máis notables da desigualdade é a linguaxe, o Colexio apostou por un cambio da súa denominación, promovendo unha linguaxe non sexista, na procura da visibilización das mulleres que exercen esta profesión de marcado carácter feminino.

Con data do 10 de novembro de 2006 este cambio na denominación fíxose efectivo, momento no que comezamos a ser Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

Podes consultar o texto íntegro do Decreto 195/2006, do 26 de outubro, polo que se aproba o cambio de denominación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, que pasa a denominarse Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (descarga documento)