Con data de 21 de decembro do ano 2000, o Pleno do Parlamento de Galicia aprobou a Lei, do denominado entón, Colexio de Educadores Sociais de Galicia, concibido como unha organización capaz de velar polos intereses e ordenar o exercicio da profesión, e como unha garantía para os sectores sociais máis desfavorecidos, aos que se dirixe principalmente a acción desta.
No seu artigo 1º, defínese o Ceesg como unha corporación de dereito publico, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.
Cómpre destacar o artigo 3º no que se establece o seguinte:
1. Poderán integrarse no Ceesg as e os profesionais que estean en posesión do título da Diplomatura Universitaria en Educación Social, así como as persoas habilitadas segundo o establecido na disposición transitoria segunda.
2. Será requisito para exercer a profesión de Educador Social no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a incorporación ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, cando o domicilio profesional único ou principal radique nesta comunidade.
Podes descargar o documento íntegro da Lei, 1/2001, do 22 de xaneiro, de creación do Colexio de Educadores sociais de Galicia (descarga documento)
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS