Área privada

Colexiación

Traslado de expediente

A. Dende outro colexio ao Ceesg:

Para realizar un traslado de expediente dende outro colexio profesional de Educadoras e Educadores Sociais ao Ceesg, debes dirixirte ao Colexio profesional no que estás colexiada/o, e seguir os seguintes pasos:

1. Cumprimentar a documentación requirida no Colexio de orixe e pago da taxa correspondente.
2. O Colexio de orixe remitirá ao Ceesg o teu expediente.
3. Dende o Ceesg facilitarémosche a documentación e indicacións precisas para formalizar a túa alta no prazo máximo de dous meses.
4. Recibida esta documentación no Ceesg, daráselle trámite administrativo, do que recibirás confirmación por correo electrónico xunto co teu número de colexiada/o.
5. Finalmente, remitirésmosche por correo postal, no prazo máximo de tres meses:

a. Unha copia da solicitude de alta e da domiciliación bancaria.
b. Certificado de colexiación.
c. O carné de colexiada/o.
d. Os documentos profesionalizadores da Educación Social.
e. A guía de servizos a colexiadas/os. (segundo dispiñibilidade)

Xa formalizada a túa alta no Ceesg entrarías a formar parte da vida colexial e a disfrutar de todos os dereitos como colexiado/a.

B. Dende o Ceesg a outro colexio:

En caso de que esteas colexiada/o no Ceesg e necesites trasladar o teu expediente a un colexio doutra Comunidade Autónoma, debes remitir ao Ceesg a seguinte documentación:

1. Impreso de solicitude de traslado. Descarga documento
2. Resgardo bancario de ter ingresado a cota de traslado de expediente establecida (20 €) na seguinte conta bancaria:

  • Banco Sabadell: ES41-0081-0499-61-0001046708

O Ceesg remitirá ao Colexio de destino o teu expediente.