A Xunta de Goberno do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), na sesión do 6 de marzo de 2008, acordou a creación do ficheiro de titularidade pública do Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio, tal e como foi publicado no DOG nº 73 de 16 de abril de 2008, así como a aprobación do seu Regulamento de funcionamento.
Esta é unha obriga imposta pola Lei 2/2007, de sociedades profesionais, publicada no BOE de 16 de marzo de 2007, con entrada en vigor o 16 de xuño de 2007. A Lei regula a práctica do exercicio profesional a través dunha sociedade, e obriga:
De acordo con esta Lei, teñen que constituírse como sociedades profesionais as que teñan por obxecto social o exercicio en común dunha actividade profesional, no caso que nos concerne “Educación Social”.
A Sociedade Profesional terá que formalizarse en escritura pública e, ademais das mencións e requisitos propios da forma social adquirida, expresará:
Todos estes aspectos serán obxecto de inscrición no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
As sociedades ás que sexa de aplicación a Lei 2/2007, teñen que adaptarse á mesma do seguinte xeito:
Documentación
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS