Unha das funcións dos colexios profesionais é proporcionar os recursos pertinentes para promover a profesionalización das educadoras e dos educadores sociais.
Un código deontolóxico, unha definición profesional de Educación Social, un Catálogo de Funcións e Competencias da profesión e das educadoras e educadores sociais, configuran os tres documentos básicos que se establecen como fundamento para artellar a cultura e a identidade da figura da Educadora e do Educador Social.
Supoñen a materialización dun longo traballo de reflexión, realizado a nivel estatal, e dun proceso de participación, no que se contou con profesionais, universidades e expertos de renome no ámbito social e educativo.
Podes descargarlos por separado ou nun único documento.
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS