Área privada

Colexiación

Cotas colexiais

O colexio emitirá dous recibos ao ano para o cobro da cota de mantemento colexial, a través de domiciliación bancaria. Estes cobros fanse por semestre adiantado (en xaneiro e en xullo).

Cotas colexiais 2018

Tipo de cota
Cuantía semestral*

Documentación a presentar no Ceesg

Xeral 71,90 € Ningunha

Bonificada por desemprego

Aplicable tamén a pensionistas, estudiantes que non traballan, situación de excedencia por coidado de fillas/os, situación de impago continuado de salarios, e colexiadas/os que non residen no estado español. Ou situacións equivalentes acreditadas.

35,95 €

Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.

Copia da tarxeta de demandante de emprego, ou acreditación pertinente segundo cada situación.

En cobros sucesivos hai enviar a mesma documentación actualizada dentro do prazo que se estableza (non é necesario volver a enviar a solicitude).

Bonificada por salario inferior ao mínimo interprofesional (SMI) 53,93 €

Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.

Copia do certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social acreditativo da/s última/s Base/s de Cotización.
En cobros sucesivos hai enviar unha copia actualizada do certificado dentro do prazo que se estableza.

* Cotas actualizables anualmente segundo o IPC (acordo aprobado na Asemblea Xeral do Ceesg do ano 2017).