Trae unha/un educadora/educador ao Colexio Profesional de Educación Social de Galicia, e disfruta dun importante desconto na túa cota colexial.
Características da promoción:
Calquera persoa colexiada que 'traia' a unha/un educadora/educador social non colexiada/o, poderá disfrutar dun 50% de desconto na súa Cota Colexial; isto é, da exención do pago dun semestre.
A persoa colexiada que teña sufragada polo menos unha cota semestral poderá 'traer' a unha soa persoa ate o remate desta campaña.
A educadora ou educador social recén chegada/o ao Colexio Profesional, a través desta campaña, non pagará a Cota de Alta no Ceesg.
A promoción farase efectiva no momento en que toda a documentación (Anexo I, Anexo II e Documentación de Colexiación) sexa presentada no Ceesg.
No momento en que se faga efectiva a promoción, recibiredes un mail de confirmación.
A campaña 'Trae a Alguén' rematará o 22 de xaneiro de 2013.
Como tes que facer?
Ti, que es a persoa facilitadora dunha nova colexiación, debes achegar o Anexo I asinado por ámbalas partes.
A nova educadora ou educador social que se colexie dentro da campaña 'Trae a alguén!' terá que cumprimentar o Anexo II xunto coa Documentación de Colexiación.
Despois de que se faga efectiva a alta no Ceesg, aplicarase a exención da seguinte cota colexial.
Documentación que necesitas
Ademáis da indicada para a colexiación, descarga aquí os documentos necesarios:
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS