Área privada

Colexiación

Campaña AMIGAS/OS DO CEESG

 

Es estudante de Educación Social e interésache a situación da profesión?
Daquela non tes máis que contactar co Colexio Profesional de Educación Social de Galicia e acollerte a esta promoción única para o ESTUDANTADO DE EDUCACIÓN SOCIAL -que non cumpran os requisitos de colexiación.


Características da promoción:

  • Calquera Estudante de Educación Social pode achegarse aos Servizos do Ceesg facéndose Amiga/o do Ceesg, aboando unha cota anual de 20 €.
  • Terás acceso a todos os servizos dos que disfrutan as persoas colexiadas* agás ao Seguro de Responsabilidade Civil. (Non terás dereito a voto en asemblea).
  • A promoción farase efectiva no momento en que toda a documentación (Anexo I, copia do DNI, Acreditación de ser Estudante de Grao en ES e impreso de domiciliación bancaria) sexa presentada no Ceesg.
  • No momento en que se faga efectiva a promoción, recibirás un mail de confirmación.
  • Tódolos anos deberás acreditar a situación de estudante, ou automaticamente se fará efectiva a baixa.
  • A cota de alta colexial será descontada das cotas de Amigas/os do Ceesg que foras pagando.
  • Poderás beneficiarte desta campaña mentres sexas estudiante e durante un máximo de catro anos.
* As promocións ofrecidas por outras empresas para persoas colexiadas poden decidir se facer extensiva ou non as súas promocións ás amigas e amigos do Ceesg.

¿Cómo tes que facer?

  • Se che interesa a proposta só tes que cubrir o anexo e o impreso de domiciliación bancaria e entregalos xunto cunha copia da matrícula do curso de ES, así como do teu DNI.
  • Os papeis poderás entregalos na sede do Ceesg en man, ou por correo electrónico a ceesg@ceesg.org.