A. Solicitude de alta:
Para poder tramitar a solicitude de alta como colexiado/a do Ceesg só tes que entregar os seguintes impresos e documentación debidamente cumprimentado:
1. Impreso de alta Descarga documento
2. Fotocopia compulsada do título universitario en Educación Social ou depósito do mesmo. No caso de ser un título obtido noutro país, ten que estar homologado co título universitario de Educación Social polo Ministerio competente.
3. Fotocopia compulsada do DNI.
4. Unha fotografía tamaño carné co nome e apelidos no reverso.
5. Pagamento da cota de alta e resgardo bancario do mesmo. Poderase efectuar nunha das seguintes contas bancarias:
A cota de alta responderá aos seguintes supostos:
a. Cota xeral (colexiación a partir do 2º ano dende a obtención ou depósito do título): 65 €
b. Cota bonificada (colexiación no 2º ano dende a obtención ou depósito do título): 35 €
c. Cota bonificada (colexiación no 1º ano dende a obtención ou depósito do título): 15 €
No caso de atoparte na situación b ou c terás que presentar unha solicitude de cota de alta bonificada. Decarga o documento
6. Impreso de domiciliación bancaria. Descarga o documento
7. Currículo académico, segundo o modelo do Ceesg ou propio. Descarga o documento
8. Suscrición do seguro de responsabilidade profesional (opcional). Infórmate aquí sobre o seguro.
Unha vez recibida a documentación no Ceesg, daráselle trámite administrativo, do que recibirás confirmación por correo electrónico xunto co teu número de colexiada/o. Nun prazo máximo de tres meses, remitirémosche por correo ordinario:
Xa formalizada a túa alta no Ceesg entrarías a formar parte da vida colexial e a disfrutar de todos os dereitos como colexiado/a.
B. Pagamento das cotas semestrais:
Como colexiada/o terás a obriga de manter ao día o pago das cotas de mantemento semestrais que o Ceesg xirará por semestre adiantado (a finais de xaneiro e a finais de xullo de cada ano).
Cotas colexiais 2012
| Tipo de cota |
Cuantía semestral* |
Documentación a presentar no Ceesg |
| Xeral | 70 € | Ningunha |
|
Bonificada por desemprego Aplicada tamén a pensionistas ou situación equivalente acreditada |
35 € | |
| Copia da tarxeta de demandante de emprego, ou acreditación pertinente. | ||
|
En cobros sucesivos hai enviar unha copia actualizada da tarxeta de demandante de emprego dentro do prazo que se estableza. |
||
| Bonificada por salario inferior ao mínimo interprofesional (SMI) | 52,50 € | |
| Copia do certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social acreditativo da/s última/s Base/s de Cotización. | ||
| En cobros sucesivos hai enviar unha copia actualizada do certificado dentro do prazo que se estableza. |
* Cotas actualizables anualmente segundo o IPC (acordo aprobado na Asemblea Xeral do Ceesg do ano 2005). No ano 2012, por acordo da Xunta de Goberno, non se aplicou esta actualización, para non incrementar o importe.
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS