Área privada

XXV Encontro galego-portugués de Educadores/as pola Paz

Luns, 21 Marzo de 2011 | Tags: Escola , Paz

O XXV ENCONTRO de Educadores/as pola Paz, vai ser a nova cita das educadoras e educadores pola paz de Galicia e Portugal, así como doutras terras de España e outros países que nos adoitan acompañar e, xa está programada.
Será en Allariz-Ourense, unha das cidades na que antes abrollou a semente da paz. Vai ser un Encontro especial, por ser a vixésima quinta edición, logo de organizarse nela os primeiros da man de Xesús (Suso) R. Jares. Afondarase nas liñas de traballo encetadas fai 25 anos, mais nos novos escenarios do século XXI, enmarcándoas na actualidade desta temática na nosa comunidade, a través do estudo, creación e intercambio de Alternativas, estratexias e recursos para unha convivencia democrática no marco da Educación para Paz.
 
Cartaz

Inscrición

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade